Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 20 de decembro de 2000 Páx. 16.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a revisión da declaración de impacto ambiental do estudio informativo da autovía Ferrol-Vilalba, tramo: Igrexafeita-Candamil. (Clave AC/98/144-0).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 28 de xullo de 2000 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se revisa a declaración de impacto ambiental do estudio informativo da autovía Ferrol- Vilalba, tramo: Igrexafeita-Candamil. Clave: AC/98/144-0 establecendo as modificacións que se transcriben como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Director xeral de Obras Públicas

ANEXO

Con data do 29 de marzo de 2000 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu a resolución pola que se formula a declaración de impacto ambiental do estudio informativo da autovía Ferrol-Vilalba. Tramo: Igrexafeita-Candamil. Clave: AC/98/144.0, nos concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas (A Coruña) e Xermade (Lugo).

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente revisión

da declaración de impacto ambiental as modificacións que a seguir se indican:

-No punto 1.-Ámbito de declaración:

Onde di:

«A presente declaración refírese, en exclusiva, ó estudio informativo da autovía Ferrol-Vilalba. Tramo: Igrexafeita-Candamil, aprobado tecnicamente o 20 de xaneiro de 1999».

Substitúese por:

«A presente declaración refírese, en exclusiva, ó estudio informativo da autovía Ferrol-Vilalba. Tramo: Igrexafeita-Candamil, aprobado tecnicamente o 20 de xaneiro de 1999, e ás modificacións recollidas na documentación adicional titulada Documentación adicional ó estudio informativo da autovía Ferrol-Vilalba. Treito: Igrexafeita-Candamil, pola que se elimina o último treito no interior do espacio natural Parga-Ladra-Támoga».

No punto 3.-Protección das augas:

Onde di:

«Queda prohibida a vertedura de calquera tipo de material ou substancias ás augas continentais, en especial cemento, formigón e hidrocarburos. Se durante a fase de construcción se ocasionara algunha vertedura accidental de substancias perigosas (aceites, lubricantes, etc.) nunha zona que puidera afectar ó encoro de Ribeira ou a calquera outra captación de auga para consumo público, deberá comunicarse inmediatamente á Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e á Central de Emerxencias de Galicia».

Substitúese por:

«Queda prohibida a vertedura de calquera tipo de material ou substancia ás augas continentais, en especial cemento, formigón e hidrocarburos. Se durante a fase de construcción se ocasionara algunha vertedura accidental de substancias perigosas (aceites, lubricantes, etc.) nunha zona que puidera afectar a calquera captación de auga para consumo público, deberá comunicarse inmediatamente á Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e á Central de Emerxencias de Galicia».

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2000.

Francisco Pan Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental