Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 20 de decembro de 2000 Páx. 16.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 15 de novembro de 2000, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fai público o extravío do xustificante do depósito 3776/1998 para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do xustificante de depósito 3776/1998, constituído o día 21 de decembro de 1998 na Coruña, en metálico polo importe de 100.000 pesetas, e que garante a V.B.M. Transportes Internacionais, Lda.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo nesta delegación territorial con domicilio na praza de Pontevedra, 22-baixo.

Transcorrido o devandito prazo sen presentarse, expedirase un novo xustificante que anulará o exemplar orixinal.

A Coruña, 15 de novembro de 2000.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña