Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2000 pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos administrativos de obra.

Para os efectos do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foron adxudicados os seguintes contratos administrativos:

Título: reparación dos patios na fase III, fachadas na fase IV no Polígono de Monteporreiro. Pontevedra. Expediente: PO-98/REP 11.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Importe: 37.482.000 pesetas (IVE incluído).

Título: reparación nos bloques de 80 vivendas en San Pablo, Polígono de Teis, Vigo. Pontevedra. Expediente: PO-2000/REP 02.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Importe: 44.799.638 pesetas (IVE incluído).

Título: construcción de 16 vivendas para mozos e mozas en Vigo. Pontevedra. Expediente: PO-97/020.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Adxudicatario: Construcciones Ramírez, S.L.

Importe: 198.578.152 pesetas (IVE incluído).

Título: construcción de 16 vivendas, garaxes e rochos e locais en Samos. Lugo. Expediente: LU-98/010.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Adxudicatario: Construcciones Vila Río Miño, S.L.

Importe: 126.950.000 pesetas (IVE incluído).

Título: reparación de fachadas nos bloques 34, 35 da UVA 6 do Polígono de Caranza. Ferrol. Expediente: C-99/REP 10.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Adxudicatario: Construcciones Ramírez, S.L.

Importe: 43.790.500 pesetas (IVE incluído).

Título: reparación de tellados no grupo de VPP da Uceira, O Carballiño. Ourense. Expediente: OU-99/REP 03.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Adxudicatario: Construpama, S.L.

Importe: 19.175.457 pesetas (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2000.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo