Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2000 pola que se nomea persoal laboral fixo do CIXTEC na categoría de auxiliares administrativos.

De conformidade co disposto nas bases 7.3 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CIXTEC de auxiliares administrativos convocada por Resolución do

22 de marzo de 2000, e visto o cumprimento do requisitos esixidos na dita convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Nomear persoal laboral fixo do CIXTEC na categoría de auxiliares administrativos, grupo IV, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución, ordenados de acordo coa puntuación obtida, con carácter definitivo.

Segundo.-As persoas a que se refire o anexo deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra a presente resolución, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no DOG ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 5 de decembro 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO I

Persoal laboral fixo do CIXTEC, categoría de analistas programadores

Acceso libre

Nome e apelidosDNIPuntosGrupoCateg.DenominaciónLocalidade

Concepción Sánchez Sánchez32.402.25229.87IV1Auxiliar administrativoSantiago de Compostela

Manuel Landeira Ríos33.282.31728.60IV1Auxiliar administrativoSantiago de Compostela

Nerea Melón Martínez32.835.88428.55IV1Auxiliar administrativoSantiago de Compostela