Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 18 de decembro de 2000 Páx. 16.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador P-186/2000 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achega-los documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 14 de novembro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 186/2000.

Denunciado: Francisco José Martínez Diz.

Enderezo: rúa Pino, 78-1º, Vigo.

DNI: 36.078.448.

Feitos denunciados: pescar en zona de desembocadura sen a correspondente licencia de pesca. Feitos denunciados ás 9.15 horas do día 5 de agosto de 2000, no río Verdugo, ó seu paso por Ponte Sampaio no concello de Pontevedra.

Data do acordo da incoación: 26-10-2000.

Precepto infrinxido: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante 1 ano.

Expediente: 189/2000.

Denunciado: Andrés Espantoso Solloso.

Enderezo: Araño, 7, Rianxo.

DNI:

Feitos denunciados: pescar en luns, día declarado inhábil para a práctica deste deporte, e sen licencia de pesca, coa cana na man e o cebo na auga, ás 20.40 horas do día 7 de agosto de 2000, no río Ulla ó seu paso por Quintáns, no concello de Rianxo.

Data do acordo da incoación: 26-10-2000.

Precepto infrinxido: 34.1º, 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34, 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 55.000 pesetas.

Expediente: 195/2000.

Denunciado: Ángel Agrasar Moure.

Enderezo: San Xulián, 17, Pontecesures.

DNI: 35.456.906.

Feitos denunciados: pescar con rede no río Ulla sendo sorprendido cando a botaba ó río desde unha embarcación. Feitos acontecidos ás 22.15 horas do día 10 de setembro de 2000, no río Ulla ó seu paso por San Xulián no concello de Pontecesures.

Data do acordo da incoación: 26-10-2000.

Precepto infrinxido: 35.2º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 500.001 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período de 1 ano e 1 día.