No Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña tramítase o recurso nº 189/2000 (procedemento abreviado) interposto por Juan Carlos Jiménez Pereira contra a Resolución do 3 de agosto de 2000 (DOG nº 171, do 4 de setembro), pola que se convoca concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo do persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario funcionario ó servicio da Comunidade Autónoma. En concreto, contra a base primeira, punto 1.1. da convocatoria.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se lles empraza para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2000.
Valeriano Martínez García
Director xeral da División de Recursos Humanos