Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 4 de decembro de 2000, aprobou inicialmente a delimitación do polígono 5 do Plan parcial das Fontiñas, promovida por Manuel Ginarte Cabada e Domingo Enrique Aller Rodríguez, e a actuación polo sistema de compensación de propietario único.

O ámbito delimitado ocupa unha superficie total de 6.897 m, dos que 6.362 corresponden a terreos de dominio privado, e 534 m ó dominio público existente (rúa da Raxeira). A superficie delimitada ten os seguintes lindes:

Norte: terreos do polígono 1 do Plan parcial das Fontiñas, colidantes cos edificios do Centro de Saúde e Cruz Vermella, e incluídos no expediente complementario de expropiación do polígono público das Fontiñas, aprobado polo concello o 30 de setembro de 1999 (parcela 31).

Sur: zona libre pública e edificios construídos por Manuel Ginarte Cabada e outro no ámbito da unidade de actuación número 2 do PERI de Outeiro.

Leste: rúa da Raxeira.

Oeste: terreos edificados con fronte á avenida de Lugo (núemro 40 e anteriores).

En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planemento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2000.

Xosé A. Sanchéz Bugallo

Alcalde