Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

O Pleno deste concello, en sesión realizada o día 28 de novembro de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle, do polígono 4, do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Poio, promovido por Inmobiliaria Urbis, S.A. e redactado polo arquitecto José Luis Pereira Alonso.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o estudio de detalle estará exposto ó público, na Oficina de Urbanismo do concello, durante o prazo dun mes, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse as reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Poio, 29 de novembro de 2000.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde