Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de novembro de 2000 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión do viveiro Río número 3.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro Río nº 3, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro: mediante escrito de data 3-11-1999, Juana Pérez Camean solicitou autorización para transmisión da concesión do viveiro Río nº 3.

Segundo: os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro: este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo: o expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Le 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Juana Pérez Camean e outro, S.C. (CIF: G-15722085), da concesión administrativa do viveiro que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Río nº 3.

Localización: Caramiñal A, cuadrícula 2.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: orde outorgamento 11-3-1964 (BOE/DOG nº 96, do 21 de abril).

Remate vixencia: 21-4-2004.

Actual titular: Juana Pérez Camean e Juan Millán Mariño 8NIF: 76449562 T e 33103596).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presntar no prazo máximo dun mes, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documentación notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Mariqueo e Acuicultura, ou recurso conten

cioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no rpazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 13 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

María José Cancelo Baquero

Delgada territorial da Coruña