Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Cañoteira número 5520, da provincia de Lugo.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude:

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Cañoteira nº 5520, ubicada en terreos do concello da Pastoriza, provincia de Lugo, e solicitado por Pizarras Vega, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da delegación provincial de Industria correspondente, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria