Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Travesía de Sousas.
Situación: Verín.
Descricións técnicas: liña a 20 kV, soterrada en conductor R.H.V. 12/20 kV de 30 m derivada desde a L.M.T. ó C.T. Cancelón e remata no C.T. proxectado no baixo dunha edificación, con 4.000 kVA, R/T 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión soterrada derivada do C.T.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 26 de outubro de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense