Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/223-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modificación apoio nº 120 L.A.T. 66 kV Paxareiras-Pontella.

Situación: Dumbría.

Descricións técnicas: modificación do apoio nº 120 da liña de alta tensión, a 66 kV Tambre Pontella, ó lado da subestación de Paxareiras, da empresa Eurovento, S.L. consistente en:

Novo posicionamento do apoio metálico e tendido destensado de conductor tipo cardinal de 547 mm Al, de 15 m de lonxitude desde o dito apoio ó pórtico de entrada, entrando e saíndo na subestación. Mazaricos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña