Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do estudio de detalle Agarimo (expediente 5998/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 23 de novembro de 2000, acordou aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle Agarimo, presentado ante esta Xerencia Municipal de Urbanismo, con datas 4 de maio, 6 e 26 de xuño de 2000, redactada polo arquitecto Manuel Bouza Cavada, con visado do COAG do 2 de maio e 5 de xuño de 2000, que modifica a do estudio de detalle para a parcela sinalada co nº 4 da rúa Tomás A. Alonso, con fronte tamén á rúa Escalinata, aprobado inicialmente polo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do 6 de febreiro de 1998.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, a través da publicación no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ó dispor do público en xeral na oficina de información urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 27 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo