Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da subministración de bolardos e sinalización para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Seguridade. Número de expediente: 66186/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de bolardos e sinalización.

Unidades que se van entregar: véxase prego de condicións técnicas.

Lotes: si, tres.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 3.994.344 pesetas, lote 2: 1.296.648 pesetas e lote 3: 3.998.044 pesetas.

5. Garantías: provisional: dispénsase a súa presentación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día no que remata o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido a Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 8 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3º do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 29 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde