Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título D.OU-13/00, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, adxudicataria dunha vivenda de protección oficial, que con esta data resolvín publica-la incoación do expediente de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título D.OU-13/00, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a Natalia Saco Rivera, xefa do servicio xurídico-administrativo da delegación provincial e secretaria a Olga Paredes

Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusadas en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais (artigos 28 e 29 LRX e PAC).

O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo, alegando por escrito o que considere conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crea oportunas á súa descarga. Transcorrido o dito prazo darase por emitido o trámite seguindo o seu curso o expediente.

O que se lle notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Ourense, 6 de novembro de 2000.

José Elier Ojea Ureña.

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente nº D.OU-13/00 (ocupación sen título).

Ocupante: Modesto Rodríguez Jardón.

Último enderezo coñecido: grupo Miño, escaleira 6, piso 5º dereita 32004 Ourense.

Feitos imputados: ocupación dunha vivenda de protección oficial, promoción pública do expediente OR-1-IV/76, conta 46 sen título legal.

Precepto aplicable: artículo 30.2ª do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e artigo 138.2ª do Regulamento de vivendas de protección oficial, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.