Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condición correspondentes.

Resolución: 26-9-2000.

Obxecto: construcción e explotación de instalacións de subministración de combustible a embarcacións.

Porto: O Grove.

Adxudicatario: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A.

Prazo: 20 anos.

Resolución: 4-10-2000.

Obxecto: instalación dun barco-museo boniteiro e construcción dun edificio destinado a aulas de ensinanzas marítimas.

Porto: Burela.

Adxudicatario: Concello de Burela.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 27-10-2000.

Obxecto: construcción dunha nave para almacén de fertilizantes e mercadorías en xeral.

Porto: Ribadeo.

Adxudicatario: Granos y Almacenajes de Ribadeo, S.L.

Prazo: 15 anos.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante, á elección do interesado, o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2000.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia