Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PALAS DE REI

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do día 19 de outubro de 2000, e prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerán o concurso público para a contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase o concurso para contratación dos referidos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, ben que no suposto de presentárense reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso se aprazará canto resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia corporación.

Anuncio de licitación.

1. Entidade adxudicadora. Organismo. Concello de Palas de Rei. Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto: consultoría e asistencia técnica para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Palas de Rei. Prazo de execución: segundo os prazos establecidos nos pregos en atención á subvención que cofinancia o contrato. Total non superior ó 30 de outubro de 2003.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 18.864.384 pesetas.

5. Garantías. Provisional: 2% do orzamento do contrato. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Palas de Rei (Lugo), avda. de Compostela, 28-2º, 27200. Palas de Rei (Lugo). Teléfono: 982 38 00 01. Fax: 982 37 40 15, en horario de oficina, ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos xerais do contratista: os sinalados no prego de condicións particulares.

8. Presentación de proposicións: a presentación das proposicións terá lugar no rexistro do concello nos 26 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Se o último día do prazo coincide en sábado ou día inhábil, o prazo rematará ás doce horas do seguinte día hábil.

9. As proposicións constarán de tres sobres pechados A, B e C, denominados: «Documentación acreditativa da personalidade, características do contratista e garantía depositada»; «Oferta económica» e «Documentación complementaria, criterios diferentes ó do prezo».

10. Apertura das ofertas: ás 13 horas do sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considérase inhábil).

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Palas de Rei, 20 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado