Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MANZANEDA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Manzaneda.

2. Obxeto do contrato: execución da obra: abastecemento de auga de San Miguel de Bidueira (rede de distribución) nº 344-1 no concello de Manzaneda. Prazo: 4 meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Tipo de licitación: 13.564.682.

5. Garantías: provisional: 2%.

Definitiva: 4%.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Manzaneda, r/ Cabarca, nº 10, 32781 Manzaneda. Teléfono 988 33 30 43, fax: 988 33 30 48.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación non requirida.

8. Presentación de proposicións. No Concello de Manzaneda (Ourense) durante os 13 días naturais desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no último boletín no que apareza (DOG ou BOP), de 9 a 14 horas, de luns a venres, no rexistro xeral do concello ou na forma sinalada na cláusula 10.1 do prego de condicións.

B) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de dous sobres cerrados, A denominado «Proposición» e B denominado «Documentación», para o concurso, coas inscricións e a documentación que se sinala na cláusula IX do prego de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13 h do primeiro día hábil seguinte á finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Modelo de proposición contido no prego de condicións, así como no anuncio do BOP de Ourense, onde consta máis información.

Manzaneda, 27 de novembro de 2000.

José Hervella Carrera

Alcalde