Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 9 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Luis, 4943.

A Delegación Provincial de Ourense dá a coñecer que foi admitida definitivamente a solicitude do permiso de investigación Luis, 4943, de 12 cuadrículas mineiras para recursos sección C (granito), nos concellos de Xinzo da Limia, Baltar e Trasmiras (Ourense).

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 17º 40' 20''42º 00' 20''

Vértice 27º 39' 00''42º 00' 20''

Vértice 37º 39' 00''41º 59' 20''

Vértice 47º 40' 20''41º 59' 20''

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación, no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 9 de outubro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense