En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación
do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 21 de novembro de 2000, da que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:
1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Álabe-Refachón.
2. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Abadín e Muras queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2000.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria