Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.184

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (285/1999).

Procedemento: xuízo de faltas 285/1999-M.

Eu, Oscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas referenciado se dictou sentencia co encabezamente e a sentencia que din:

«Sentencia número 214/1999. En Carballo o 26 de novembro de 1999. Carmen Caramés Millán, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos deste partido, viu estes autos de xuízo de faltas número 285/1999, seguido por presunta falta de realización de actividade carecendo de seguro obrigatorio, con intervención do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, e como partes: axentes da Policía local 119213 e axente da Policía local 119227 denunciantes; Jorge Manuel Calvete Martínez denunciado.

Resolvo que debo condenar e condeno a Jorge Manuel Calvete Martínez como autor dunha falta de realización de actividade carecendo de seguro obrigatorio, prevista e penada no artigo 636 do Código penal, á pena dun mes de multa a razón de 1.000 pesetas/día, con responsabilidade subsidiaria prevista no artigo 53 do Código penal en caso de non pagamento e imposición de custas procesuais.

Esta sentencia non é firme, cabe contra ela recurso de apelación para interpoñer pernate a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúnioa, mándoa e asínoa».

E para que conste, para os efectos oportunos e para que lle sirva de notificación en legal forma a Jorge Manuel Calvete Martínez, que se atopa actualmente en ignorado paradoiro, expido esta cédula que asino en Carballo o 31 de outubro de 2000.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado