Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.183

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2000 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de filoloxía inglesa, do departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemana, a Ana María Bringas López (praza 57/1999).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 17 de decembro de 1999 (BOE do 12 de xaneiro de 2000) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de filoloxía inglesa, do departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemana, a favor de Ana María Bringas López, con documento nacional de identidade número 10.856.936, e cumprindo a interesada os requisitos do epígrafe 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana María Bringas López, profesora titular de universidade da área de coñecemento de filoloxía inglesa, do departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemana.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do

26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 10 de novembro de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo