Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.183

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2000, dos tribunais números 1 e 2 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 13 de xuño) pola que se fixa a data, a hora e o lugar da realización do primeiro exercicio do devandito proceso.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), mediante orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de xuño de 2000 (DOG nº 114, do 13 de xuño), de conformidade coa base IV.10 da convocatoria, correspóndelle ó tribunal nº 1 fixa-los lugares, a data e a hora da realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

Unha vez constituídos os tribunais do grupo A en sesión conxunta celebrada o día 28 de novembro de 2000, acordaron:

1. A distribución dos opositores, que será a seguinte:

Tribunal nº 1: xulgará os exercicios de tódolos aspirantes correspondentes ó sistema de promoción interna, así como os de acceso libre con apelidos desde Abal Casas, Mª Dolores a Hortas Fernández, Margarita.

Tribunal nº 2: xulgará os exercicios dos aspirantes correspondentes ó sistema de acceso libre desde Iglesias Gómez, Marta a Vispo Conde, Daniel Antonio.

2. Realiza-lo primeiro exercicio da fase de oposición o día 16 de decembro de 2000 ás 10 horas nas aulas A, B e C da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela sita na avenida Xoán XXIII, s/n, en Santiago de Compostela.

Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado ás 9.15 horas, provistos de DNI ou doutro documento que acredite fidedignamente a identidade, lapis do nº 2 e goma de borrar, de conformidade co establecido na base II.2 da convocatoria.

As listas dos opositores correspondentes a cada tribunal estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, na delegación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, en horario de 9 a 19 horas de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa SolerJavier Suárez García

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2