Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.170

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de novembro de 2000 pola que se autoriza o cambio de denominación do Centro Público Integrado Eugenio López e López de Laxe (A Coruña).

Tendo en conta o artigo 1, punto 2º do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (DOG nº 16, do 26 de xaneiro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Laxe.

Localidade: Laxe.

Código do centro: 15007621.

Denominación: Centro Público Integrado Eugenio López e López.

Nova denominación: Centro Público Integrado Cabo de Área.