Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.170

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de novembro de 2000 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria de Rábade (Lugo).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto ), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Rábade.

Localidade: Rábade.

Código do centro: 27016613.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Rábade.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Río Miño.