Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.164

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2000, da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, pola que se anuncia a poxa á alza da propiedade do Estado, ramo de Defensa, denominada parcelas C, D, E, F, e G-2 nos terreos do cuartel de San Amaro, na Coruña.

As parcelas atópanse nos terreos do antigo cuartel de San Amaro, resultantes do proxecto de reparcelación voluntaria deste. Inscrición rexistral: presentouse a reparcelación voluntaria do predio rexistral número 5.121, inscrito no libro 129, folio 110, estando pendente de cualificación e inscrición polo rexistro da propiedade.

Superficie: 4.318 metros cadrados. Solo urbano non consolidado.

Cantidade tipo mínima para a poxa: 1.178.820.000 pesetas (7.084.850, 88 euros).

Os terreos foron desafectados, declarada a súa alienabilidade e postos ó dispor da entón Xerencia de Infraestructura da Defensa, na data do 29 de xullo de 1987.

Caracterísitcas físicas, técnicas e usos urbanísticos das parcelas: as que figuran no prego que rexe para a poxa.

A poxa terá lugar perante a mesa constituída para o efecto na Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, rúa Princesa número 32-36 Madrid, o día 27 de decembro de 2000, a partir das 9.30 horas.

-Información e pregos: nas oficinas da Delegación da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa en Galicia e Asturias, rúa Costa da Palloza, número 1, 2 local 7, da Coruña (teléfono 981 17 36 11) e na Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, no domicilio antes indicado (teléfono 91 548 96 80, en horario de oficina, así como na páxina web: www.gied.es.

Madrid, 23 de novembro de 2000.

P.D (O.24/1999, BOE do 24/1999)

Juan Antonio Miguélez Paz

Director gerente da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa