Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.164

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 16 de outubro de 2000, da Dependencia de Recadación de Zaragoza, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria (na súa redacción dada polo artigo 28.un da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social), e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante este anuncio, que se encontran pendentes de notifica-los actos, dos que o interesado e procedemento se especifican na relación adxunta.

En virtude do anterior, dispoño que os suxeitos pasivos e obrigados tributarios indicados na relación que se xunta, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no boletín oficial que corresponda, de luns a venres, das 9 ás 14 horas, nesta Dependencia de Recadación da Delegación da AEAT de Zaragoza, para o efecto de practica-la notificación do acto citado.

Lugar de comparecencia: Delegación da AEAT de Zaragoza, r/ Albareda 16, planta baixa, mostrador 11.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que de non compareceren no citado prazo, a notificación se entenderá producida para tódolos efectos legais desde o seguinte día ó do vencemento do prazo sinalado.

Zaragoza, 16 de outubro de 2000.

Jorge Puyuelo Gros

Xefe da Dependencia de Recadación de Zaragoza

NIF: 32751627H.

Nome ou razón social: Ramos Doce, Carlos.

Núm. expediente: C1100096360110957.

Procedemento: providencia de constrinximento.