Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Mondoñedo convoca concurso por procedemento aberto en vía de urxencia, para a adxudicación das obras de acceso sur a Mondoñedo, incluídas no FCL/2000.

O tipo de licitación fíxase en 21.350.000 pesetas (128.316 euros) nun prazo de execución de seis meses. Clasificación do contratista: G, 4, c.

O prego de cláusulas administrativas e documentación complementaria poderase solicitar no Concello de Mondoñedo, praza do Concello nº 1, 27740 Mondoñedo (Lugo). Teléfono: 982 52 40 03. Fax: 982 50 74 21.

As proposicións presentaranse no prazo de trece días naturais seguintes á publicación do correspondente anuncio no DOG. Apertura de ofertas: 12.30 horas do día seguinte ó da presentación das proposicións.

Mondoñedo, 24 de novembro de 2000.

Luis Rego Valcarce

Alcalde