1. Entidade adxudicadora. a) Organismo: Concello de Laza. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 00/132.
2. Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: conducción de auga e saneamento. b) Lugar de execución: O Pereiro e Souteliño. c) Prazo de execución: tres meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: importe total: 16.473.375 pesetas.
5. Garantías. a) Provisional: 2% do orzamento base de licitación. b) Definitiva: 4% da adxudicación, incrementada co 4% do orzamento de execución por contrata das melloras ofertadas, se é o caso.
6. Obtención de documentación e información. a) Entidade: Concello de Laza. b) Domicilio: r/ Castiñeiro, nº 4. c) Localidade e código postal: Laza, 32620. d) Teléfono: 988 42 20 02. e) Telefax: 988 42 20 02. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural,
contado desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e no BOP (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: E-1, categoría d.
8. Presentación das proposicións. a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da última publicación do presente edicto no DOG e no BOP (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo). b) Documentación que integrará as ofertas: o modelo de proposición e a documentación que presentarán os licitadores serán os que se prevén nos pregos de condicións. c) Lugar de presentación: mesmos datos punto 6. d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.
9. Apertura das ofertas. a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior. b) Hora: 18 horas.
10. Outras informacións: criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados polas bases de contratación.
11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.
José Ángel García Morais
Alcalde