Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a seguir se indican:
Expediente número: 10/2000.
Denominación: monte de Vilaverde.
Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Vilaverde.
Concello: Monforte de Lemos.
Superficie: 46 hectáreas.
Estremas:
Norte: predios particulares da parroquia. Leste: monte San Roque da parroquia da Parte. Sur e oeste: monte San Roque da parroquia de Ribasaltas.
Descrición do perímetro:
Os únicos lindeiros salientables deste monte da parroquia de Valverde son:
-Polo sur e oeste divide co monte de San Roque da parroquia de Ribasaltas polo cumio do mesmo nome que divide augas entre parroquias.
-Polo leste divide cos montes da Parte baixando desde San Roque de sur a norte segundo unha lomba.
En virtude do acordado polo xurado, na sesión que tivo lugar o día 29 de marzo de 2000 e en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por este edicto faise pública a iniciación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistilos en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.
Lugo, 2 de novembro de 2000.
Luis González Vázquez
Presidente do Xurado Provincial de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo