Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se fai pública a resolución recaída no expediente sancionador de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade OU-99/017.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo, a citada resolución.

Contra a resolución que se publica caberá, de conformidade do disposto nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio

Ambiente Natural

ANEXO

Procedemento sancionador de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade: Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Expediente: OU-99/017.

Denunciado: José Manuel Merelles Janeiro.

Último enderezo coñecido: A Pedrosa, 72-2º E, Ourense.

Contido da resolución do recurso:

Data: 14 de xullo de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: transportar no maleteiro dun vehículo tres cans, un deles de raza Espanowel Breton, e os outros de raza Pointer, que se atopaban tombados e sen se poder mover debido ó escaso espacio dispoñible, notando os animais sufocados por falta de osíxeno.

Resolución: multa de 50.001 pesetas.