Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-43/2000 incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG de 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 24 de agosto de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-43/2000.

Denunciado: Luis Felipe Piedad Santos Pinheiro.

DNI: 39.978.99

Enderezo: rúa San Roque, nº 177, 1º F, Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana carecendo da preceptiva licencia en vigor. Feitos constatados o día 25-3-2000, ás 11 h no río Neira. Vilasante. Páramo. Lugo.

Precepto sancionador: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Sanción: menos grave.

Multa: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade polo período dun ano.