Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Productores Mejilloneros y Ostricultores Río Mayor de Vilaboa (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Productores Mejilloneros y Ostricultores Río Mayor de Vilaboa (Pontevedra) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas e xurídicas de calquera nacionalidade, que se dediquen ó cultivo do mexillón e/ou da ostra na Comunidade Autónoma galega.

Asinan a acta de constitución: Andrés Calvo Rosendo e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais