Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 26 de outubro de 2000, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se relacionan propostas de liquidación contidas en actas de conformidade (A01) pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (José Luis Rodríguez Etcheverría).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse propostas de liquidación contidas en actas de conformidade (A01) pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na praza de Pontevedra nº 22, na Coruña, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 26 de outubro de 2000.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña

ANEXO

Interesado: José Luis Rodríguez Etcheverría.

DNI: 694.776.

Rúa Icaria II. Oleiros.

Procedemento: imposto sobre patrimonio.

Acta A01. Nº: 70928195. Nº exp.: Z-3717/00.

Interesado: José Luis Rodríguez Etcheverría.

DNI: 694.776.

Rúa Icaria II. Oleiros.

Procedemento: imposto sobre patrimonio.

Acta A01. Nº: 70928195. Nº exp.: Z-3718/00.