Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, para o mantemento da xardinería exterior nos servicios centrais da Xunta de Galicia.

1. Obxecto: mantemento da xardinería exterior dos servicios centrais da Xunta de Galicia.

2. Orzamento: 19.367.508 pesetas (116.401 euros).

3. Garantía provisional: 387.350 pesetas (2.328,02 euros).

4. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Documentos de interese para os litadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do Complexo Administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela, e no enderezo de Internet: http.//www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=68.

6. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de quince días naturais, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio.

7. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central

de San Caetano), ás dez horas do terceiro día hábil, contado desde o seguinte ó do remate do prazo para presenta-las ofertas.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2000.

P.D.(Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública