Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.142

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondente ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros industriais (lista B), de conformidade co establecido na Resolución do 10 de xullo de 2000.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 10 de xullo de 2000 (DOG nº 139, do 18 de xullo), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, e á vista das solicitudes presentadas para ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros industriais (lista B), e unha vez elaboradas pola comisión permanente de selección as listas na súa sesión do día 24 de novembro de 2000, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal funcionario correspondentes ó corpo

facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros industriais (lista B). As ditas listas están expostas na forma que seguidamente se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente comisión permanente de selección de persoal funcionario (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade e, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes; disto darase a oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (lista B), estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas, a lle remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que a continuación se expresa:

Grupo A: 7.525 pesetas.

Estarán exentos do aboamento das taxas por dereito de inscrición os que foran admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma escala, de acordo coa base 3ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 10 de xullo de 2000.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% logo de xustificación documental.

Os que non fixeran o aboamento no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública