Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7050; XG-424, Ferrol-Fene-Filgueiras, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-1195; XG-072, Ferrol-Filgueiras, con anexos, e V-2281; XG-208, Ferrol-Faeira, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 28 de setembro de 2000, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autocares Capela S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7050; XG-424, Ferrol-Fene-Filgueiras, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-1195; XG-072, Ferrol-Filgueiras, con anexos, e V-2281; XG-208, Ferrol-Faeira, con anexos,

de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Ferrol, Ponte das Pías, Fene, Estanco, Sillobre, San Marcos, Reguela, Labandeira, A Serra, As Neves e Filgueiras.

-Filgueiras, Sande, Buíña, Vilar de Mouros, Formariz, O Rego, Viladonelle, O Roxal, Mourela Baixa, Mourela Alta, Xubia e Ferrol.

II. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Xubia e Ferrol, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Ferrol e Fene, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Labandeira e Filgueiras, puntos intermedios e viceversa.

III. Expedicións.

Filgueiras-Fene-Ferrol (22,7 km).

Cinco expedicións de ida e catro de volta de luns a venres laborables.

Catro expedicións de ida e volta os sábados laborables.

Filgueiras-Xubia-Ferrol (25,1 km).

Dúas expedicións de ida e tres de volta de luns a venres laborables.

Unha expedición de ida e tres de volta os sábados laborables.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,7194 pesetas.

Tarifa usuario: 9,3298 pesetas.

Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,3079 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de

Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes