Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Sábado, 02 de decembro de 2000 Páx. 16.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/165-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Rivero Aguilar 20.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 12 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente Carril alimentando en bucle o C.T. que se proxecta en Rivero Aguilar 20, no concello de Vilagarcía de Arousa, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 9 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra