Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Sábado, 02 de decembro de 2000 Páx. 16.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/242-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. peirao de Pontecesures.

Situación: Pontecesures.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 15 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde un apoio da L.M.T. Ponte-Pontevedra alimentando en bucle o C.T. que se proxecta no peirao de Pontecesures, concello de Pontecesures, rematando no punto de inicio na liña. C.T. con dous trafos de 630 kVA e 400 kVA cada un, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 6 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra