Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso, con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a execución da obra seguinte:

Obxecto: pavimentacións e renovacións de capas de rodadura en varios lugares do concello.

Orzamento de licitación: 20.434.243 pesetas (IVE incluído).

Clasificación: grupo G, subgrupos 3 e 4, categoría c.

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución: tres meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días (13) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 20 de novembro de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa