Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OÍMBRA

ANUNCIO de convocatoria de concurso de obra en procedemento aberto, declarado de tramitación urxente, segundo acordo adoptado pola Comisión de Goberno do concello do día 16 de novembro de 2000.

Obxecto: execución das obras previstas no proxecto técnico de construcción de depósito de 500 m para abastecemento de Oímbra, redactado polo enxeñeiro Pablo González Rodríguez, incluído no Fondo de Cooperación Local ano 2000, da Xunta de Galicia.

Orzamento de execución por contrata: 12.739.111 pesetas.

Prazo: execución: 3 meses, a partir da acta de replanteo.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Prazo e lugar de presentación de proposicións: na secretaría do concello, os 13 días naturais seguintes á derradeira publicación, no DOG ou no BOP, da convocatoria do concurso, se o último día coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo. As proposicións presentaranse de acordo co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe nesta contratación.

Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Información: na secretaría do concello, en horario de 9 a 14.30 horas.

Oímbra, 23 de novembro de 2000.

Alfonso Villarino Rodríguez

Alcalde