Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO de información pública.

O Pleno do Concello, en sesión do 17-10-2000, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais: modificación e permuta de solo no lugar da Mourela. Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente que se somete a información pública estará de manifesto na secretaría do concello á disposición dos interesados.

A suspensión automática do outorgamento de licencias para tódolos usos e obras incompatibles coa ordenación proxectada (artigo 34.2º LSG) limítase ós sectores A e B do lugar da Mourela, que define e concreta o proxecto.

As Pontes de García Rodríguez, 18 de outubro de 2000.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde