Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-329).

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 4 de setembro de 2000, acordou aprobar definitivamente o Plan parcial para o desenvolvemento do SUNP B-31-R Mesón da Auga, no Carballo-Nós.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación perante o mesmo órgano que o dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, de RXAPPAC).

Tamén poderá interpoñer contra esta resolución, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión

para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 17 de outubro de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta