Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 25 de outubro de 2000, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións de extinción do dereito a percibi-la pensión non contributiva da Seguridade Social relacionadas no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, resólvese publicar no Diario Oficial de Galicia as resolucións emitidas pola delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da provincia de Pontevedra; ó seren devoltas polo servicio de correos, reitérase a súa notificación para a súa publicación definitiva ós interesados citados no anexo.

Contra esta resolución poderán interpor reclamación previa á vía da xurisdicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos 30 días seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril (BOE do 11 de abril).

Pontevedra, 25 de outubro de 2000.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: Consuelo Martínez Núñez.

DNI: 35.909.197-X.

Resolución: extinción do dereito a percibi-la pensión non contributiva, con efectos á data que se sinala e polos feitos e fundamentos de dereito que se detallan.

Feitos: supera-lo importe anual vixente da pensión polos recursos persoais da interesada.

Notifica-lo cobramento indebido de 216.600 ptas. xerado durante o período do 1 de febreiro de 2000 ata o 30 de xuño de 2000, e que se deducirá do importe do primeiro pagamento da pensión de viuvez, para efectuar polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

Fundamentos de dereito: Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño (BOE do 29 de xuño) e Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo).

Pensionista: Elena Penedo Fernández.

DNI: 77.003.643.

Resolución: extinción do dereito a percibi-la pensión non contributiva, con efectos á data que se sinala e polos feitos e fundamentos de dereito que se detallan.

Feitos: non acredita-la súa residencia na actualidade en territorio español.

Notifica-lo cobramento indebido de 1.238.080 ptas. xerado durante o período do 1 de setembro de 1997 ata o 31 de decembro de 1999, e que está obrigada a reintegrar no prazo de 30 días, mediante ingreso na conta de Recursos diversos provinciais nº 6000056419 da Tesourería Xeral da Seguridade Social, en calquera oficina de Caja Madrid.

Fundamentos de dereito: Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño (BOE do 29 de xuño) e Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo).

Importe a reintegrar: 1.238.080 ptas./7.441,01 euros*.

*Para esta información utilizouse o tipo oficial de conversión 166,386 ptas./1 euro.