Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.944

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 35 do grupo IV (auxiliar de arquivos e bibliotecas) (lista B) publicada por Resolución do 11 de agosto de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 28 de agosto).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 35 do grupo IV (auxiliar de arquivos e bibliotecas) (lista B) publicada por Resolución do 11 de agosto de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 28 de agosto), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

Incluír a Mónica Seijas Lago, con DNI nº 32.658.525 no ámbito xeográfico U0000 co número de orde 48, cunha puntuación de 3,050.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública