Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de outubro de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Lino Couñago Alonso (expediente sancionador ES-P-0026/1999) a resolución pola que lle impón unha primeira multa coercitiva.

De conformidade co disposto no aritog 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido do interesado, (r/ Ernestina Otero, 1, baixo, 36045 Redondela) sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Lino Couñago Alonso a resolución dictada con data do 28 de setembro de 2000, polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se acorda a imposición dunha primeira multa coercitiva, en relación co expediente sancionador ES-P-026/1999.

Consonte co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, transcríbese o texto íntegro da devandita resolución:

«Visto o expediente sancionador ES-P-0026/1999, seguido contra Lino Couñago Alonso, como promotor do edificio de vivendas de protección oficial, sito na Travesía da Picota, número 22, en Redondela, construído ó abeiro do expediente 36-P-0145/1994, resulta:

Primeiro.-Mediante resolución administrativa, con data do 30-9-1999, impúxose ó expedientado, como responsable da comisión da infracción tipificada como moi grave no artigo 6, alínea c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a obriga de realiza-las obras de reparación

de conservación necesarias, nos termos previstos na devandita resolución, con fin de acomoda-la edificación citada ó proxecto no seu día aprobado.

Segundo.-Mediante apercibimento, con data do 22-6-2000, requiríuselle novamente ó interesado para que procedese ó cumprimento da resolución, dado que esta deveu firme e executiva, por non ter interposto recurso contra ela no prazo outorgado para tal efecto.

Terceiro.-Transcorrido o prazo sinalado no apercibimento previo, non consta acreditada a realización das obras de reparación ás que o expedientado vén obrigado por resolución desta delegación provincial.

Visto os antecedentes mencionados, o artigo 99 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o artigo 13 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, e demais norams de xeral e pertinente aplicación.

RESOLVO:

Primeiro.-Impoñer unha primeira multa coercitiva de 50.000 pesetas a Lino Couñago Alonso, como consecuencia de incumpri-lo ordando na resolución, con data do 30-9-1990, dictada por esta delegación provincial.

O importe da devandita multa deberá ingresala na conta Tesouro Facenda Galega-conta restrinxida do IGVS-recadación de multas e sancións, número 2091-0388-3110000897 de Caixa Galicia no prazo determinado de acordo co estalecido no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación, as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior, as notificacións entre os

días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación, ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

Segundo.-A esta multa coercitiva seguirán outras, coa periodicidade de dous meses, e na cuantía que en cada unha delas se determine, ata que se acredite documentalmente ante este órgano o inicio das obras de reparación. Continuarán impoñéndose multa coercitivas cando as obras comezadas con tal fin se demoren máis de tres meses.

Terceiro.-Notifíqueselle a presente resolución ó interesado, con indicación de que cotnra ela pode interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da súa notificación ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992. Pontevedra, 28 de setembro de 2000. O delegado provincial, José Manuel Iglesias Carrera.»

Fronte á devandita resolución, que non pon fin a vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da LRXPAC, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da recepción da presente notificación.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 23 de outubro de 2000.

Andrés Iglesias López

Xefe de Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: ES-P0026/1999.

Nome: Lino Couñago Alonso.

Enderezo: r/ Ernestina Otero, 1, baixo (Redondela).