Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/145-2, 5486 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Suasbarras. Valcarria.

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV con orixe en L.M.T. Suasbaras e remate no centro de transformación de Castañal de 520 m de lonxitude. Centro de transformación de Castañal de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Centro de transformación de Suasbarras de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z. de 3.825 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 27 de setembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo