Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/135-2, 5470 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Prado e Brías.

Situación: Muras.

Descricións técnicas: L.M.T. a C.T. de Prados a 20 kV en conductor LA-56 de 75 m de lonxitude sobre apoios de formigón. L.M.T. a C.T. de Prado a 20 kV en conductor LA-56 de 175 m de lonxitude sobre apoios de formigón. C.T. Prados de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. C.T. de Brías de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. de Prado de 600 m de lonxitude en conductor R.Z. R.B.T. de Brías de 1.250 m de lonxitude en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 21 de setembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo