Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.877

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 17 de novembro de 2000 pola que se amplía la dotación orzamentaria da do 22 de maio de 2000 pola que se regula a concesión de subvencións a asociacións e federacións sen fins de lucro para actividades de distribución, loxística e promoción comercial.

Debido ó importante volume de solicitudes recibidas e ós elevados investimentos dirixidos á distribución loxística e promoción do comercio e dos productos galegos, esta consellería considerou conveniente efectua-los trámites precisos para incrementa-la dotación inicialmente prevista na orde de referencia.

Na súa virtude e no uso das atribucións que me foron concedidas

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-la dotación orzamentaria da Orde de 22 de maio de 2000 que regula a concesión de subvencións a asociacións e federacións sen fin de lucro para actividades de distribución, loxística e promoción comercial, por un importe de 100.000.000 de pesetas, con cargo á aplicación 08.04.753-A-781.0.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio