Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 25 de outubro de 2000, do recadador de zona da Coruña, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan (Martín García, Antonio e dous máis).

O recadador da Xunta de Galicia, titular da zona da Coruña, por medio deste anuncio fai saber que

se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra o/s debedor/es que se sinala/n na lista que se xunta. No/s devandito/s expedientes dictouse a dilixencia de embargo sobre o/s ben/s que aparece/n como propiedade dos debedores; dilixencia que non puido ser notificada ó/s interesado/s malia os intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV-título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Deste embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

A Coruña, 25 de outubro de 2000.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData da dilixenciaDescrición do ben

Martín García, Antonio24826921-P16-10-2000Vehíc. Citroën BX-19 TGS, C-3906-AX

Mesa, AdriánX0526860E9-8-2000Vehíc. Peugeot 405 SRDT, M-6272-OB

Sánchez Ruiz, Antonio05072240-G9-10-2000Predio rústico nº 3.893 Rex. Prop.Vilalba